Xa cho fajo eu

A letra pequena que prometiamos

Créditos, licenzas e privacidade

Quen fixo o que non fixemos nós, de onde sacamos cada cousa e que facemos cos teus datos. Pouco, pero dicímolo.

Tipografías

As dúas son libres e van servidas desde este mesmo servidor: o teu navegador non lle pregunta nada a Google.

O tempo

Datos meteorolóxicos de Open-Meteo.com, baixo licenza CC BY 4.0. O de Vigo pedímolo nós cada tres horas; o de onde estás, só se ti o pides.

Textos, debuxos e imaxes

Autores que nomeamos

Norma da casa: en caso de dúbida, nomeamos. Mellor citar de máis ca quedar co alleo.

Escritores

Castelao, Álvaro Cunqueiro, Camilo José Cela, Julio Camba, Ramón María del Valle-Inclán, Wenceslao Fernández Flórez e Gonzalo Torrente Ballester.

Humoristas gráficos da prensa galega

Só os nomeamos, como homenaxe e para que se lean nos seus medios. As súas obras, personaxes, viñetas e títulos son deles e dos seus xornais: aquí non se reproduce ningunha viñeta nin ningún texto seu.

Os chistes e ditos da web publícanse como tradicionais porque así nolos contaron. Se algún resulta ter autor coñecido (por exemplo, porque saíu nunha viñeta de prensa), poñemos o seu nome ou retirámolo, o que prefira o autor. Iso tamén é retranca: saber cando calar.

De onde sacamos as orixes

Para «De onde vén isto?» consultamos, entre outros: o Dicionario e o Tesouro histórico da Real Academia Española (retranca, entroido), o Instituto da Lingua Galega (gheada e seseo), os Cadernos de Fraseoloxía Galega, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o repositorio Minerva da USC, Nós Diario e El Correo Gallego (o conxuro da queimada), El Salto (cen anos de humor gráfico) e o Wiktionary (seica, morriña). Onde a orixe é dubidosa, dicímolo.

Privacidade e cookies

Volver á broma